MAGOSTO FURTIVO

 

A Sociedade Cultural do Viso presenta este proxecto coa intención de ofrecer un programa de actividades, lecer e cultural relacionadas coa música e a cultura tradicional na parroquia do Viso e, por extensión, a todo o Concello de Redondela e a súa comarca.

No mes de Novembro, organizase conxuntamente con todos os veciños da parroquia, co grupo de música Tanto Nos Ten e diversas entidades locais, unha nova edición deste magosto popular onde non faltarán castañas, música, actuacións e actividades para nenos e maiores. Este evento céntrase obviamente nunha festa tan tradicional como o magosto pero reformulado e complementado co mellor da música tradicional, cun afán participativo dos cativos e da mocidade e buscando actividades paraelas que realcen a propia festa do magosto.

Asistentes bailando no magosto do ano 2010