XA ESTÁ AQUÍ! SÁBADO 18 DE NOVEMBRO. 8º MAGOSTO FURTIVO

FINS DA ASOCIACIÓN

 

a) Divulgar o máis positivo sobre a música, danzas, cantigas e outras manifestacións da cultura galega e fomentar a súa práctica.

b) Divulgar a lingua galega en distintos ámbitos da sociedade, fomentando o seu uso e empregándoa na documentación e actividades privadas e públicas da asociación.

c) Favorecer o nacemento de iniciativas e estudios no seo da Asociación e na súa área de influencia, tanto a nivel individual como colectivo, e a participación ordenada e eficiente dos seus membros.

d) Realizar actividades destinadas á xuventude para dar satisfacción ás inquedanzas deste colectivo, así como fomentar súa participación activa na sociedade.

e) Realizar actividades destinadas ás mulleres para cubrir ás inquedanzas deste colectivo, así como fomentar a súa participación activa na sociedade.

f) Realizar actividades destinadas á terceira idade para dar satisfacción ás inquedanzas deste colectivo, así como fomentar a súa participación activa na sociedade, conxuntamente coa mocidade.

h) Realizar e colaborar con actividades, festas e celebracións populares, así como outros eventos sociais e de carácter turístico que potencien a cultura galega no ámbito territorial de actuación.